IMSLP:Os dereitos de autor simplificados



Para unha descrición máis detallada dos dereitos de autor (ou copyright, aínda que non son exactamente equivalentes) e o dominio público, vexa Dominio público. Todas as preguntas deben dirixirse aos foros.

«Dominio público» significa que unha obra non está protexida máis polos dereitos de autor e que pode ser distribuída libremente.


Está esta obra no dominio público?

Canadá

(China, Corea, Xapón, Sudáfrica


Último compositor/editor/libretista vivo:
Morreu antes de 1963: SI
Morreu despois de 1962: NON

Unha peza publicada por vez primeira con posterioridade á morte do compositor está suxeita a dereitos de autor durante os cincuenta anos posteriores á data da primeira publicación.

Estados Unidos



Calquera cousa por calquera:
Publicado antes de 1923: SI
Publicado despois de 1922: NON




Unión Europea



Último compositor/editor/libretista vivo:
Morreu antes de 1943: SI
Morreu despois de 1942: NON

Unha peza publicada por vez primeira máis de setenta anos despois da morte do compositor está suxeita a dereitos de autor durante os vinte e cinco anos posteriores á data da primeira publicación.


Para que unha obra sexa admitida na IMSLP ten que estar no dominio público ora no Canadá* ora nos Estados Unidos**. Ademais disto, para que un ficheiro aloxado no servidor principal (canadiano) poda ser publicado e accedido, ten que estar no dominio público ora nos Estados Unidos ora na Unión Europea. En consecuencia, é extremadamente importante que todos/as aqueles/as que contribúan á IMSL comprendan os conceitos esbozados aquí.
*Os ficheiros que entren no dominio público no Canadá no ano seguinte mantéñense no sitio (bloqueado o seu acceso) por razóns de comodidade. Así mesmo, os ficheiros non poden ser publicados no servidor da Unión Europea sen o seren tamén no servidor canadiano.
**Os ficheiros que estean no dominio público só nos Estados Unidos poden estar dispoñíbeis no servidor da Unión Europea; vexa http://imslpforums.org/viewtopic.php?f=29&t=4358 este fío] para máis detalles.

Dereitos de autor nas principais zonas

Canadá (tamén China, Xapón, Corea do Sul)

  • Unha obra está no dominio público se o último autor/editor/libretista leva morto máis de cincuenta anos'.
    • Exemplo: Calquera das obras de Sergey Prokofiev está no dominio público no Canadá porque morreu en 1953.
  • Só no Canadá, unha obra publicada por vez primeira despois da morte do último autor/editor/libretista vivo pode estar suxeita a dereitos de autor até cincuenta anos despois da data da primeira publicación.

Estados Unidos

  • Calquera obra publicada por vez primeira antes de 1923 está no dominio público.
    • Examplo: O Concerto para piano Nº 1 de Prokofiev está no dominio público nos Estados Unidos porque foi publicado en 1912.
  • Calquera obra publicada por vez primeira entre 1923 e 1977 está suxeita a un período de copyright de noventa e cinco anos.
  • Calquera obra publicada por vez primeira en 1978 ou posteriormente está suxeita a un período de vida do último autor vivo máis setenta anos.

Unión Europea

  • Unha obra está no dominio público se o último autor/editor/libretista leva morto máis de setenta anos'.
    • Exemplo: Calquera das obras de Maurice Ravel está no dominio público no Canadá porque morreu en 1937.
      • Porén, en Franza a protección das obras musicais goza dunha extensión temporal especial para compensar o período das dúas grandes guerras mundiais. Para os compositores que morresen antes do 1 de xaneiro de 1955 o período de protección posterior á súa morte é de 78 anos e 120 días para as obras publicadas entre o 1 de xaneiro de 1921 e o 31 de decembro de 1947 e 84 anos e 272 días para as obras publicadas até o 31 de decembro de 1920. Esta é a razón pola que ningunha das obras de Ravel está no dominio público en Franza mentres que si o está en tantos países europeos.
  • Unha obra publicada por vez primeira despois da morte do último autor/editor/libretista vivo está suxeita a dereitos de autor de cando menos vinte e cinco anos despois da data da primeira publicación.

Edicións urtext

  • No Canadá, as edicións "científicas" ou "urtext" (nas que o(s) editor(es) non realizaron aportacións significativas nun esforzo para replicar as intencións do autor) non reciben protección do copyright. Porén,
  • Na Unión Europea, as edicións urtext reciben até trinta anos de protección do copyright despois da publicación. IMSLP voluntariamente respeita esta regra de vinte e cinco anos como cortesía cara os editores.
  • Nos Estados Unidos, as edicións urtext están teoricamente protexidas como calquera outra obra. Porén, poden entrar no dominio público se se omite renovar, avisar adecuadamente, etc. Se non ten a certeza sobre a situación do copyright nos Estados Unidos dunha edición urtext, notifíqueo antes de máis nos foros.

Gravacións

Unión Europea

Unha gravación está no dominio público na Unión Europea cincuenta anos despois da súa publicación legal.

Canadá

Unha gravación está no dominio público no Canadá se o último intérprete/autor/libretista leva morto cando menos cincuenta anos

Estados Unidos

As gravacións anteriores a 1972 poden estar baixo copyright nos Estados Unidos até o 15 de febreiro de 2067. Para máis información, lea aquí.
Vexa tamén: Guía rápida para o envío de partituras