IMSLP:Guía rápida para o envío de partituras


Para máis detalles, vexa: Guía: Contribuír con partituras.
Asegúrese de que todo o que envíe estea no dominio público ou sexa obra súa propia e que estea no formato PDF (os ficheiros comprimidos co formato ZIP non se admiten fóra do Proxecto WIMA.)

Pasos rápidos para enviar

  1. Cree unha conta para poder enviar ficheiros.
  2. Atope a páxina do compositor*. De non existir, engada un compositor novo.
  3. Comprobe se existe unha páxina da obra* desa peza na páxina do compositor. De non existir, prema a ligazón «Engadir unha peza a esta páxina» na páxina do compositor.
  4. Comprobe que o que desexa enviar non estea xa na páxina. De non o estar, envíeo empregando o botón «Engadir unha partitura» do menú despregábel que hai debaixo de «Engadir un ficheiro» no recando superior dereito da páxina.
  5. Reláxese - haberá alguén que revise todo o que acaba de facer para comprobar que estea correcto!


*Unha páxina do compositor é a páxina na que se listan todas as composicións de alguén. Por exemplo, Johann Sebastian Bach é unha páxina do compositor que inclúe ligazóns a practicamente todas as súas obras. Cada unha desas obras está incluída na súa propia páxina da obra (un exemplo sería Erhöhtes Fleisch und Blut, BWV 173 (Bach, Johann Sebastian)), que alberga todos os ficheiros que se poden descargar.

Nota: Se vai crear partituras con software específico, antes de crear un ficheiro en PDF debería comprobar que o seu traballo cómpre coas directrices de formatación da IMSLP.

Vexa tamén: Os dereitos de autor simplificados
Para instrucións sobre como enviar gravacións, vexa o Portal dos Intérpretes