Warning: Outdated Translation
Current rev.: 1441365
Como enviar gravacións sendo un/ha intérprete
Método nº 1
Este é o método máis sinxelo. Simplemente siga as instrucións para enviar partituras, excepto que usando a ligazón «Engadir unha gravación» . Pódese atopar esta ligazón baixo o menú «Engadir un ficheiro» que hai no recanto superior dereito da páxina da obra.
Método nº 2 (Preferido para os/as intérpretes que envíen obras propias)
Se desexa ter unha páxina do intérprete (como a dun compositor) e que se listen automaticamente todos os seus envíos nesa páxina, siga estes pasos:
- Cree unha páxina do intérpreme seguindo a ligazón «Engadir un intérprete» na Páxina da categoría de intérpretes. Teña en conta que isto non é necesario se xa existe unha páxina do compositor para a mesma persoa. (Nese caso, simplemente empregue o primeiro método. Unha categoría de compositores pode funcionar tamén como categoría de intérpretes).
- Asocie a nova páxina do intérprete coa súa conta de usuario premendo a ligazón «Asociar esta categoría de intérpretes».
- Siga as instrucións do primeiro número explicado arriba e todos os envíos que faga aparecerán automaticamente nunha lista nas páxinas do intérprete asociadas coa súa conta. Teña en conta que, se ten asociacións a intérpretes non ten que encher o campo «Intérpretes» a non ser que haxa intérpretes ou outra información non incluída nas asociacións a intérpretes.
Para retirar unh asociación
Para retirar unha asociación a unha conta súa, simplemente prema a ligazón «Eliminar a asociación a esta categoría de intérpretes». Isto non afecta os envíos anteriores á retirada, mais os envíos futuros non se asociarán máis coa categoría de intérpretes.
Política de gravacións
Esta é a política de gravacións oficial do Proxecto da Biblioteca Internacional de Partituras.
- 1. Todas as gravacións, excepto as realizacións por computador, son aceptábeis. Ningunha realización por computador é aceptábel, a excepción do referido nas Seccións 2, 3 e 4. Para os nosos propósitos, os elementos seguintes non se consideran realizacións por computador:
- A. Unha gravación na que se unen electronicamente varias pistas é aceptábel.
- B. Unha gravación dun instrumento electrónico (p.ex. un piano electrónico) tocado por unha persoa real é aceptábel.
- 2. Excepcións para composicións novas.
- A. Se a obra é unha composición nova que nunca foi gravada, as realizacións por computador si son aceptábeis.
- B. Se a obra require son sintetizado, unha realización sintetizada si é aceptábel.
- C. O elemento debe ser enviado baixo a lapela «Sintetizado/MIDI».
- 3. Excepción para realización por computador de calidade moi alta.
- A. Unha realización por computador é aceptábel se non é feita cun software de notación normal (p.ex. todas as formas de MIDI; Finale, Sibelios, etc.) e
- B. Existe evidencia clara de que se empregou un esforzo extraordinario na creación dunha realización de calidade moi alta da obra subxacente.
- C. O elemento debe ser enviado baixo a lapela «Sintetizado/MIDI».
- 4. Excepción para os ficheiros MIDI.
- A. As versións de ficheiros MIDI (.MID) de obras é aceptábel.
- B. O elemento debe ser enviado baixo a lapela «Sintetizado/MIDI».